O informe da Fiscalía sobre os incendios desbota a tese da “trama”defendida por Feijóo

[Imaxe: Galiza Contrainfo]

O fiscal de Medio Ambiente, García Ortiz, afirma que non hai “evidencias” de que “exista ningunha trama”.

“Terrorismo incendiario”, “trama organizada”, “incendios para alterar a paz social”.  Estas foron algunhas das expresións que o presidente da Xunta, empregou nas semanas posteriores á vaga de incendios de outubro, que arrasou no noso país 50.000 hectáreas. Non foi só el. Outros cargos da Xunta e representantes do PP afirmaron e reafirmaron neste tempo que había unha ”trama” organizada de incendios no noso país, afirmacións que mantiñan sen achegar evidencia algunha.

 

Agora, o informe das Fiscalía Superior de Galiza sobre os lumes que afectaron Galiza hai catro meses tomba esa tese de Núñez Feijóo. Non se coñece tal trama, non hai probas ou indicios que aponten a que exista. O informe está “practicamente concluído”, manifestou esta fin de semana o fiscal de Medio Ambiente, García Ortiz, nunha entrevista en Europa Press. “Non temos evidencia de existencia de ningunha trama”, afirma o fiscal.

 

García Ortiza indica que o documento –para cuxa elaboración marcouse un prazo de seis meses- non presente “sorpresas” a respecto do elaborado en 2006, tamén após unha importante vaga de lumes ao longo e ancho do país. Nese informe negábase que houbese unha trama.

 

Catro meses despois dos incendios de outubro, só hai catro persoas identificadas e non existe relación algunha entre elas. Con estes vimbios non se pode facer un cesto de “terrorismo incendiario” viría apontar o informe. O documento, que estará concluído e listo para abril será feito público.