En liberdade baixo fianza o independentista detido en Compostela

Após pasar a disposición xudicial esta cuarta feira, B.R. fica en liberdade baixo fianza de 5.000 euros. 

 

B.R, o independentista detido na terza feira após unha operación policial desenvolvida por orde da Audiencia Nacional española, fica en liberdade neste 17 de xuño. Faráo ao longo da tarde, segundo informaron fontes do organismo antirrepresivo Ceivar a Sermos Galiza, logo do pagamento dunha fianza de 5.000 euros. 

B.R., a quen lle foi aplicada a lei antiterrorista e a conseguinte incomunicación, puido ser visitado pola súa avogada na mañá desta cuarta feira. Logo de prestar declaración perante o xuíz Eloy Velasco, a fiscalía solicitou unha fianza para que fose posto en liberdade con cargos. Segundo fontes do movemento anti-represivo, o cargo que lle imputam a este veciño de Compostela “colaboración con banda armada” mais segundo mantén a Defesa as acusacións son "infundadas"  e non responderían a "criterios xurídicos determinantes".

Agárdase que nas vindeiras horas B.V chegue a Galiza.