Detido un independentista no barrio compostelán de San Lázaro

Axentes da Garda Civil rexistraron o domicilio do que retiraron varias caixas con documentación, segundo indican as axencias de noticias. 

 

No decorrer dunha operación policial despregada esta terza feira no barrio compostelán de San Lázaro, foi detido o independentista B.R. Segundo fontes consultadas por Sermos Galiza até unha vintena de axentes da Garda Civil desenvolveron un rexistro domiciliario do que tiraron varias caixas con documentación. 

Polo momento descoñécense as razóns do arresto mais a Cadena Ser afirma que a orde provén da Audiencia Nacional española e lígaa á detención de María Osório o pasado domingo. 

Neste senso, e segundo a información publicada por EuropaPress, o detido estaría acusado dun delito de "encubrimento terrorista". A axencia de noticias cita fontes próximas á investigación policial.