Seis incendios continúan sen extinguir e o de Laza alcanza as 2.100 hectáreas

Os medios de extinción traballan para extinguir os seis incendios que se atopan nestes momentos activos, estabilizados ou controlados. O único que permanece activo é o do municipio de Laza, que queimou xa unhas 2.100 hectáreas, segundo as últimas estimacións provisionais.

O macroincendio de Laza e Chandrexa de Queixa é o único activo nestes momentos xunto ao do Irixo. (Foto: Rosa Veiga / Europa Press)
photo_camera O macroincendio de Laza e Chandrexa de Queixa atópase aínda activo. (Foto: Rosa Veiga / Europa Press)