Restablecidas as comunicacións ferroviarias entre a Galiza e Madrid
"Tren especial disposto a efectuar saída desde Madrid Chamartin, con dirección Zamora, Ourense e A Coruña. O resto de servizos irán restablecéndose de forma paulatina", informa Renfe.
"Restablécese a circulación ferroviaria entre a Galiza e Madrid. Tren especial disposto a efectuar saída desde Madrid Chamartin, con dirección Zamora, Ourense e A Coruña. O resto de servizos irán restablecéndose de forma paulatina. Agradecemos a súa comprensión e colaboración". Con esta información nas redes sociais pouco antes das 10 horas desta quinta feira, 15 de agosto, informaba Renfe da situación ferroviaria na liña que comunica a Galiza coa capital do Estado.
Renfe emitía onte un comunicado na súa conta de X onde informa da "suspensión da circulación de trens entre a Galiza e Madrid". A empresa pública sitúa o fogo nun lugar "próximo á vía entre a Vilavella e Porta Galiza", emprazamentos do Concello da Gudiña, na comarca de Viana.
Renfe anunciou a cuarta feira que retomaría este esta quinta os servizos habituais na circulación de trens que unen Galiza con Madrid "se o incendio está controlado". Ademais, sinalou que programara trens especiais para os usuarios que non puideran viaxar pola suspensión do servizo ferroviario.
Adif explicou que non puidera garantir a continuación da circulación ferroviaria interrompida de novo pola proximidade dun incendio á vía.