Un incendio no Courel leva calcinadas 100 hectáreas

Imaxe: Aprafoga

Mantense activo nesta segunda feira o incendio xerado na tarde do domingo na parroquia de Outeiro, no concello de Quiroga, no Courel, e que xa leva calcinadas 100 hectáreas.

 

Nas tarefas de extinción do lume mobilizáronse 1 técnico, 8 axentes, 32 brigadas, 13 motobombas, 2 pas, 9 helicópteros e 4 avións. Como orixe do incendio, a administración aponta un lóstrego.