O incendio de Chandrexa de Queixa, xa controlado, atinxiu hectáreas da rede natura

O lume arrasou por volta de 369 hectáreas, grande parte delas da Rede Natura. Está xa sob control, como tamén os incendios de Cervantes e Castro Caldelas.

O incendio de Chandrexa de Queixa foi especialmente devastador para o patrimonio ambiental do país ao atinxir terreno protexido pola rede natura. De acordo coa Consellaría de Meio Ambiente, o lume -focalizado na parroquia de Queixa- está xa controlado, após se ter reactivado durante a quinta feira debido ás condicións de calor e vento.

 

No lume de Queixa estiveron operativos 6 axentes, 16 brigadas, 6 motobombas, 2 pás, 8 helicópteros e 4 avións.

 

Controlados están tamén os incendios de Cervantes (parroquia de Vilarrello) e Castro Caldelas (O Burgo), onde terían ardido por volta de 100 e 265 hectáreas, respectivamente.