Imposto á mobilidade: As peaxes estatais ameazan as autovías galegas
O Goberno do Estado está decidido a fixar unha peaxe a viaxeiros e transportistas para circular polas autovías galegas. A proposta, remitida á Comisión Europea no marco do plan de recortes asociado ao programa Next Generation, recolle unha vella exixencia das autoridades comunitarias, na liña do demandado por Seopan, a patronal española das grandes construtoras. Mentres diversos axentes sociais e políticos da Galiza rexeitan a medida, alertando do seu impacto negativo na economía galega, a iniciativa continúa o seu trámite á marxe do control do lexislativo.
A rede viaria galega suma actualmente 335,3 quilómetros de pago. Así, entre estas estradas atópanse algunhas das vías con maior densidade de tráfico e máis decisivas para a vertebración territorial…
Debes estar rexistrado para ler este contido
Se xa tes unha conta, inicia sesión
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a subscricion@nosdiario.gal.