Illadas 5 usuarias da residencia de Burela tras dar positivo unha empregada

Imaxe de instalacións nunha residencia

Cinco persoas usuarias da residencia de maiores xestionada pola Xunta en Burela permanecen illados nas súas habitacións tras dar positivo por  Covid-19 unha traballadora que entrara esta cuarta feira para facer unha substitución, informaron fontes do Goberno galego.

A residencia é a única xestionada pola Xunta na comarca da Mariña, que está, desde a segunda feira e durante cinco días, pechada debido ao brote de coronavirus, no que deron positivo até o momento máis de 150 persoas.

En concreto, a muller comezou a traballar ás 15,00 horas de onte e ás 16,30 chamárona para comunicarlle que dera positivo, polo que a propia empregada e os compañeiros que coincidiron con ela nesa hora e media fóronse aos seus domicilios, onde permanecen á espera das indicacións médicas.

Os usuarios e usuarias que tiveron contacto con esta persoa quedaron en illamento nos seus cuartos. Son cinco e nos próximos días controlarase a súa evolución e faráselles unha proba  PCR, indicaron as mesmas fontes.