Un sector económico contra as cordas

A hostalaría facturou 2.000 millóns menos desde 2020

A hostalaría destruíu 7.000 empregos na Galiza desde o comezo da pandemia. (Foto: M. Dylan / Europa Press)

A hostalaría é o sector económico máis castigado pola pandemia. Os dados achegados pola propia patronal estatal tomando como referencia as cifras do Instituto Nacional de Estatística (INE) confirman unha caída da facturación desde o comezo da pandemia na Galiza de 2.000 millóns de euros. Ao tempo, a extensión da variante Ómicron do coronavirus está a provocar un retraemento no consumo, con consecuencias moi graves para todo tipo de locais. As restricións sen axudas aprobadas esta cuarta feira polo Goberno galego anuncian outro golpe na debilitada economía do sector.

 

 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a subscricion@nosdiario.gal.