Apoia Nós Diario
Se estás lendo de balde este xornal é grazas ás máis de 3.000 persoas subscritoras. A información independente ten un prezo. Apoia un xornalismo galego e sustentábel subscribíndote a Nós Diario ou facéndote mecenas.
A hostalaría é o sector económico máis castigado pola pandemia. Os dados achegados pola propia patronal estatal tomando como referencia as cifras do Instituto Nacional de Estatística (INE) confirman unha caída da facturación desde o comezo da pandemia na Galiza de 2.000 millóns de euros. Ao tempo, a extensión da variante Ómicron do coronavirus está a provocar un retraemento no consumo, con consecuencias moi graves para todo tipo de locais. As restricións sen axudas aprobadas esta cuarta feira polo Goberno galego anuncian outro golpe na debilitada economía do sector.