Guía de mobilizacións da greve estudiantil deste 19A

Imaxe dunha mobilización estudiantil [Foto: GZ Foto]

Convocan Erguer e o Movemento Estudiantil Galego en todos os níveis educativos.

Marchas e concentracións constitúen as mobilizacións axendadas para este 19A, de acordo co seguinte programa:

 

Manifestacións:

 

A Coruña, 12:00, praza de Vigo.

Compostela, 12:00, Alameda.

Ourense, 12:00, Subdelegación do Goberno español.

Pontevedra, 12:00, praza da Peregrina.

Vigo, 12:00, praza América.

 

Concentracións:

A Pobra: 12:30, praza do Emigrante.

Boiro: 12:00, praza do Concello.

Bueu: 12:00, porta do Concello.

Cangas: 12:00, porta do Concello.

Ferrol: 12:00, praza da Constitución Española.

Lalín: 12:00, praza do Concello.

Lugo: 12:00, rúa da Soidade.

Marín: 12:00, porta do Concello.

Moaña: 12:00, porta do Concello.

Monforte: 12:00, praza de España.

Ribeira: 12:00, praza da Concello.

 

Erguer convoca este greve sob o lema de "Nin LOMCE nin pacto entre elites, por unha Lei Galega de Educación", en tanto que o MEG chama á mobilización coa palabra de orde "‘Por un ensino feminista e democrático”.
 

As organizacións estudiantís empregaron esta cuarta feira as súas redes para chamar á participación na greve.