Greve CRTVG: a produción propia centra as negociacións entre empresa e persoal

greve crtvg

A dirección realiza propostas nun tema, a produción propia, onde até agora se mantiña inamobbel. Os paros mantéñense.

Dirección de CRTVG e representantes do persoal volveron reunirse esta terza feira, unha xuntanza na que desde a empresa fixéronse nobvas propostas en torno á produción propia, a defensa da cal é unha das reivindicacións dos traballadores na greve que manteñen e que esta segunda feira chegou á súa cuarta xornada de paro.

 

“Propoñen alargar o ‘Bos días’ 15 minutos de luns a venres ou aumentar ‘A revista’ en 30 minutos”, indican a Sermos Galiza fontes do comité. Pasos positivos mais, como apontan desde o comité, “o debate non é alargar un pouco máis os informativos” senón, sinalan, “ter un contido propio que sexa propio dun servizo público”.

 

Esta quinta feira volverá a haber reunión entre ambas as dúas partes e poida que de aí vaian saíndo xa pasos concretos e en positivo. Mentres, mantéñense os paros, que están a ter un importante seguimento do persoal: por riba de 80% durante a semana e en 70% na fin de semana.

 

 táboa de reivindicacións e motivos desta folga abranxe diferentes cuestións. Así, hai demandas centradas na recuperación da produción propia interna e na supresión da externalización da produción e servizos. Outras das reivindicacións afondan máis no laboral, como as que atinxen a garantía de mantemento do emprego, a fin da utilización “fraudulenta” de bolseiras ou a negociación do cadro de persoal e mantimento do emprego.

A defensa da CRTVG como medio público e independente tamén é unha das demandas destes paros. Destarte, o persoal exixe a “fin da política represiva” ou a fin da “manipulación informativa”, ao tempo que se reclama a creación do consello de informativos e o estatuto profesional contemplados na Lei 9/ 2011