Unha gran mancha de combustíbel de cinco quilómetros afecta unha estrada en Pontevedra

Operarios traballan na limpeza da mancha de combustíbel en Pontevedra (Foto: 112 Galiza).
Segundo informou o 112 Galiza, que recibiu o aviso a través dunha persoa que detectara a vertedura, a mancha procedía da zona de Monteporreiro e alcanzaba Pontillón, en Pontevedra.

Os servizos de emerxencias tiveron que traballar este domingo na limpeza dunha mancha de combustíbel que se estendeu por máis de cinco quilómetros dun tramo das estradas EP-0018 e da PO-223, no concello de Pontevedra.

Ademais, a vertedura alcanzou tamén a estrada que une O Gatomorto e Vos Milagres de Amil.

Segundo informou o 112 Galiza, que recibiu o aviso a través dunha persoa que detectara a vertedura, a mancha procedía da zona de Monteporreiro e alcanzaba Pontillón.

Así, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitou a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local.

Tamén foron avisados os voluntarios de Protección Civil e o persoal de limpeza e mantemento da Deputación de Pontevedra.

Medidas de seguridade na vía

Con todo, tal e como explica o 112, foi suficiente cos traballos dos voluntarios para tratar de devolver as medidas de seguridade na vía.