O Goberno español estuda permitir os desprazamentos entre comunidades en Fase 3 a partir do domingo

Vehículos fan cola para pagar nunha peaxe (Xunta).

Recoñeceuno o ministro de Transportes e Mobilidade, José Luis Ábalos.

A partir deste domingo, 7 de xuño, poderían estar permitidos os desprazamentos e as viaxes xa non só entre as provincias dunha mesma comunidade senón tamén entre comunidades autónomas sempre que estas estean na Fase 3.

Así o vén de afirmar esta mesma segunda feira o ministro de Transportes, Mobilidade. e Axenda Urbana, José Luis Ábalos."A mobilidade pode establecerse dentro da mesma comunidade autónoma ou entre comunidades autónomas que están na mesma fase", explicou Ábalos nunha entrevista en TVE.

Explicou que se o estado de alarma remata o 21 de xuño para todo o Estado, non será posíbel seguir a rexistrar a mobilidade entre provincias como até o de agora. Mais a partir do 7 de xuño, coa última extensión, será posíbel naqueles territorios que están en fase III, se así o permite e a evolución da pandemia, é posibel "establecer un nivel de mobilidade ben dentro dunha Comunidade autónoma ou incluso entre comunidades que están na mesma fase ", dixo o ministro.

Actualmente, en Fase 3 están tres illas canarias e unha das Balears. Porén, diversos territorios están a traballar para pedir o paso da Fase 2 na que esdtán á fase 3: Galiza, Asturias, Euskadi, Nafarroa, Aragón, Estremadura, Andalucía, Castela-A Mancha.

Rebrote

A Xunta prevé alzas nos contaxios en xullo e agosto. Os contaxios por coronavirus dispararanse nos meses de verán. Os informes sanitarios do Goberno galego recoñecen que a chegada á Galiza en xullo e agosto de turistas procedentes doutras partes do Estado vai multiplicar o número persoas afectadas pola pandemia. Aínda así, Feixoo decide convocar as eleccións.