Gardacostas di agora que o saco de pellets amarrado que transmitiu a CRTVG era “unha proba de flotabilidade”

O saco de pellets amarrado que retransmitiu a TVG.
A imaxe transmitida pola CRTVG xerara unha forte polémica.

“Unha proba de florabilidade”. Así cualifica Lino Sexto, subdirector de Gardacostas da Galiza, dependente da Consellaría de Mar, o polémico saco de pellets amarrado nun cabo que transmitiu a TVG.

Unas declaracións que Lino Sexto foi á propia TVG despois da polémicas que se orixinou nas últimas horas á raíz da imaxe do saco amarrado a un cabo.

O contido compartido pola canle de actualidade G24 ficou no albo da polémica e suscitou centos de reaccións nas redes sociais. Trátase dun vídeo publicado en redes sociais -e a imaxe tamén se retransmitiu nun directo- no que a TVG informa do achado de varios sacos de pellets en diferentes puntos da costa galega que estarían, segundo as súas fontes, na superficie do mar cando se atoparon. A imaxe que ilustra a peza, con todo, non deixou ninguén indiferente.

"Este saco de pellets recolleuno un barco perto do Grove", explican, mentres de fondo pode apreciarse un saco aínda flotando no mar, con pouca carga no seu interior... e amarrado por unha corda. O vídeo prosegue explicando que tamén se atopou outro en Camariñas e conclúe cunha mensaxe que vai na liña na estratexia adoptada pola Xunta da Galiza: "Cada saco que se recolle no mar son granulados que non chegan á costa!".

Agora, Sexto afirma que o saco foi atopado por un barco, feito que comunicou ao centro de Fisterra. “Un axente noso púxose en contacto co patrón [do barco] para que lle fixese unha proba de flotabilidade”, afirma Sexto.

“A foto que se ve é a da proba de flotabilidade que fixo a tripulación”, conclúe.