Ataque á liberdade de expresión

A Garda Civil retén Evaristo despois dun concerto en Xerez

Evaristo Páramos, cantante de Gatillazo.

Evaristo Páramos, cantante de Gatillazo e antes de La Polla Records, foi retido pola Garda Civil despois dun concerto no festival Primavera Trompetera en Xerez (Andalucía). O motivo, unha denuncia polo contido das letras das súas cancións.
 

Segundo informou o actor Willy Toledo nas redes sociais, e recolle o dixital vasco Naiz.info, os axentes da Garda Civil identificaron o músico ao final da actuación debido á citada denuncia. Outras versións refírense a que foi a causa dos “improperios” contra o corpo policial pronunciados sobre o escenario.

 

Evaristo é un dos músicos punk máis célebres e celebrados do Estado español. As súas letras son críticas co sistema e teñen un contundende nesgo esquerdista.

 

Políticas como a deputada do BNG Noa Presas, ou os líderes de Bildu -Arnaldo Otegi-, Podemos -Pablo Iglesias- ou Izquierda Unida -Alberto Garzón- amosaron a súa solidariedade coa artista e a súa proecupación pola deriva autoritaria do Estado.