Galiza, entre os territorios que perdeu máis poboación en 2020, volve situarse por baixo dos 2.700.000 habitantes

A poboación reduciuse en 0,21% nun ano.

Galiza foi o cuarto territorio que perdeu máis poboación en 2020, cun descenso do 0,21%, ao pasar de 2.702.592 ao 1 de xaneiro de 2020 a 2.696.995 na mesma data de 2021, segundo os datos que publica esta cuarta feira o Instituto Nacional de Estatística (INE).

De media, de feito, houbo no Estado un crecemento poboacional relativo do 0,13%. Por baixo da Galiza só se situaron, cos descensos de poboación máis acusados, Castela e León Asturias (ambas as dúas con -0,58%) e Estremadura (-0,37%).

O saldo vexetativo de Galiza foi negativo (17.610 mortes máis que nacementos), mentres que foron positivos os saldos migratorios exterior (+7.540) e interior (+4.593).

Os nacementos rexistrados na Galiza nos catro primeiros meses de 2021 supoñen un descenso do 7,71% respecto ao mesmo período do ano anterior.

O saldo vexetativo de Galiza foi negativo (17.610 mortes máis que nacementos), mentres que foron positivos os saldos migratorios exterior (+7.540) e interior (+4.593).

En 2016 a taxa de natalidade foi en Galiza de 7,02. É dicer, sete nacementos por cada mil habitantes. Unha ratio das máis baixas que hai en todo o planeta. De feito, e segundo dados internacionais, só Mónaco ten peores rexistros: 6,6 nacementos por cada mil habitantes. Nos outros por volta de 200 estados que hai no mundo, a taxa de natalidade é mellor do que a galega.

Economistas ven na caída poboacional unha das maiores eivas da recuperación. Un dos problemas ao que aluden varios deles é a necesidade de reter e atraer talento creando un sistema de innovación que consiga fixar na Galiza xente nova, un reto que, á vista das estatísticas, que apuntan a unha forte perda de poboación activa nos últimos sete anos, en especial no grupo de idade entre os 20 e os 29 anos, con 5% menos, está aínda lonxe de materializarse, pero pode impulsarse coa axuda dos fondos de reconstrución.