Galiza, o territorio do Estado onde menos aumentan os pasaxeiros de bus urbano

Unha marquesiña (Foto: Xoán Crespo).
No que vai de ano, entre xaneiro e outubro, houbo un repunte no uso do bus urbano de 18,5% na Galiza, inferior á media estatal (23,1%). Esta alza é a segunda menor entre territorios do Estado, só por encima de Catalunya (16,2%) e mesma taxa que Aragón.

Galiza rexistrou 5,6 millóns de pasaxeiros de bus urbano en outubro, o que supón 16,3% máis que no mesmo mes de 2022, segundo os datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE) esta cuarta feira.

Este incremento é o menor de todos os territorios, cinco puntos porcentuais por baixo de 21,7% da media estatal. No outro extremo destaca o arquipélago canario, cun incremento de 39,4%.

Repunte

No que vai de ano, entre xaneiro e outubro, houbo un repunte de 18,5% na Galiza, tamén inferior á media estatal (23,1%). Esta alza é a segunda menor entre territorios do Estado, só por encima de Catalunya (16,2%) e mesma taxa que Aragón.

O INE non publica datos de Illes Balears, Cantabria, Nafarroa e A Rioxa así como Ceuta e Melilla.