Un total de 524.000 persoas recibiron a pauta vacinal íntegra na Galiza

Unha muller recibe a vacina contra a Covid-19 (Foto: Europa Press)
A cifra aumenta até as 1.063.050 no caso das que recibiron unicamente a primeira dose.

Galiza superou as 524.900 persoas coa pauta completa de vacinación contra a Covid-19 tras administrar case 1,58 millóns de doses, 95,8% das recibidas.

Segundo datos difundidos hoxe pola Consellería de Sanidade, na última xornada completaron a pauta de vacinación un total de 7.630 persoas e 1.063.050 recibiron polo menos a primeira picada. Ademais, no país inoculáronse 1.575.711 doses -11.717 máis que na xornada anterior- das 1.645.165 recibidas.

Por condición de vulnerabilidade, un total de 13.038 persoas de alto risco recibiron polo menos unha dose -229 máis que no día anterior- e 7.291 completaron a pauta, 4.110 máis. Ademais, administrouse polo menos unha dose a 17.104 dependentes non institucionalizadas -243 máis- e completaron a pauta un total de 15.235 das mesmas, 509 máis que na xornada previa.

En canto ás persoas dependentes institucionalizadas, que se empezaron a vacinar o 27 de decembro de 2020, 23.639 contan con polo menos unha picada -109 máis- e 23.054 están inmunizadas, 128 máis. Adicionalmente, un total de 842.716 galegos recibiron polo menos unha dose pola súa idade, 4.881 máis, e 400.899 completaron a pauta vacinal, 2.822 no último día.

Respecto das vacinadas por probabilidade de exposición, recibiron polo menos a primeiraA cifra aumenta até as 1.063.050 no caso das que recibiron unicamente a primeira dose. picada 74.748 sanitarias -66 máis- e 56.645 completaron o proceso -34 máis-, mentres que se administrou polo menos unha dose a 29.590 profesionais do ámbito sociosanitario -41 máis- e 19.499 contan coa pauta vacinal completa, 28 máis.

Así mesmo, inoculouse polo menos unha dose a 62.207 traballadoras esenciais -150 máis- e 2.322 teñen a pauta de vacinación contra a Covid-19 completa, unha máis.

Vacinación por idade

Segundo a idade, até a data foron vacinadas 129.579 persoas maiores de 85 anos (+188); 95.021 de 80 a 84 anos (+107); 131.673 de 75 a 79 anos (+463); 146.608 de 70 a 74 anos (+1.172); 147.902 de 65 a 69 anos (+1.456); e 163.277 de 60 a 64 (+1.544).

Estes datos elevan a 814.060 as persoas vacinadas maiores de 60 anos en toda Galiza, que supoñen 4.930 máis que o día anterior e 93,47% do total da poboación deste grupo de idade susceptible de vacinar.

A estas persoas engádense 98.211 de 55 a 59 anos (+313); 38.797 de 50 a 54 anos (+126); 29.823 de 45 a 49 anos (+100); 26.951 de 40 a 44 anos (+92); 19.537 de 35 a 39 anos (+60); 15.697 de 30 a 34 anos (+41); 12.686 de 25 a 29 anos (+18); 6.628 de 20 a 24 anos (+16); 658 de 15 a 19 anos (+9); e unha de 10 a 14 anos (sen variación).

Deste modo, as galegas que recibiron polo menos unha dose alcanzaron os 1.063.050, o que supón 44,99% da poboación susceptíbel de recibir a vacina contra a covid-19.