8-M

O feminismo galego sae á rúa. Coñece todas as mobilizacións convocadas para este 8-M

Manifestación en Vigo polo 25-N o ano pasado (Foto: Javier Vázquez / Europa Press).
As organizacións feministas da Galiza convocan a poboación a encher as rúas do país para reivindicar a igualdade.

Miles de galegas saen ás rúas esta cuarta feira para reivindicar a igualdade entre homes e mulleres co gallo do 8-M. Os Centros de Información á Muller (CIM) e a Marcha Mundial das Mulleres (MMM) son algunhas das organizacións que chaman a cidadanía galega a saír á rúa e a manifestarse nas rúas.

Entre as súas reivindicacións reclaman "melloras nas condicións laborais e salariais" das mulleres e denuncian "a precariedade que padecen as traballadoras e o deterioro das súas condicións de vida pola inflación". 

Por estes motivos, estas organizacións piden á cidadanía que defendan e reclamen os dereitos das mulleres este 8-M nas rúas das vilas e cidades galegas. Ademais, moitas destas organizacións preparan diferentes actividades que fomentan o feminismo entre as persoas máis novas,  alén das concentracións e manifestacións que se convocan diferentes concellos galegos.

Eis a lista das manifestacións e concentracións que, durante a mañá organiza a CIG, único sindicato que convoca as súas propias concentracións:

•             A Coruña 11.30 horas (Subdelegación do Goberno)

•             A Mariña: 11 horas (concello de Burela)

•             Lugo: 12 horas (edificio da Xunta)

•             Compostela: 12 horas (praza Roxa)

•             Ferrol: 12 horas (local CIG –Avda. de Esteiro)

•             As Pontes: 12 horas (praza do Hospital)

•             Pontevedra: 12 horas (Edificio Sindical)

•             Vilagarcía: 12 horas (Auditorio)

•             Vigo: 11.30 horas (cruce da Dobrada)

•             Cangas: 12 horas (estación de autobuses)

•             A Guarda: 12 horas (praza As de Copas)

•             Ourense: 12 horas (edificio da Xunta –Avda. da Habana)

Ademais, o movemento feminista galego convoca tamén mobilizacións pola tarde:

•             A Coruña, 20 horas, Obelisco

•             As Pontes, 20.30 horas, saída do concello

•             Allariz, 20 horas. praza do Concello

•             Betanzos, 20 horas. detrás do palco da música

•             Cee, 20 horas. praza 8 de Marzo

•             Compostela, 20 horas. praza 8 de Marzo

•             Ferrol, 20 horas. praza Amada García

•             Lugo, 20 horas. Multiusos da Xunta

•             Noia, 12 horas. diante do concello

•             O Porriño, 20 horas. diante do concello

•             Ourense, 12.30 horas. praza Maior e ás 20h. manifestación Subdelegación

•             Ponteceso, 20 horas, saída do IES Eduardo Pondal

•             Pontevedra, 20 horas, praza de Ourense

•             Ribadavia, 20.30 horas. praza Maior

•             Ribadeo, 20 horas. aparcadoiro público na rotonda do instituto

•             Val Miñor, 12.30 horas. no cruce da Ramallosa

•             Verín, 12 horas. praza do Concello

•             Vigo, 20 horas. praza dos Cabalos

•             Vila de Cruces, 20.30 horas. praza do Concello

•             Vilalba, 20 horas. praza da Constitución