Lumes

Cos lumes deste trimestre arderon máis hectáreas que en todo 2018

Incendio en Rianxo [Imaxe: @shharv]

A vaga de lumes que afectou a Galiza deixa un cómputo de 585 incendios forestais en tan só os tres primeiros meses de 2019, con 3.600 hectáreas de superficie arrasadas, máis que en todo 2018, no que arderon 2.608, segundo as cifras da Consellaría de Medio Rural.

Durante os tres primeiros meses do ano, Galiza rexistrou 585 incendios forestais, segundo os datos achegados ao pleno do Parlamento desta semana polo conselleiro de Medio Rural, José González.

 

O último grande incendio en Galiza afectou a Dodro e Rianxo, onde  arrasou máis de 1.120 hectáreas en tan só 40 horas. Foi o incendio máis devastador no último ano e medio que padeceu Galiza.

 

Durante a sesión plenaria desta semana do Parlamento Galego, o deputado de En Marea Davide Rodríguez, interpelou ao conselleiro sobre as condicións dos traballadores e traballadoras de prevención e extinción de incendios.

 

O deputado do BNG, Xosé Luis Rivas 'Mini', trasladou a preocupación do grupo nacionalista ante a posibilidade de que a revisión do plan forestal do goberno prevea un aumento da superficie destinada a eucaliptos