A Galiza prevé vacinar a poboación menor de 12 anos en grandes recintos

As crianzas de 11 anos e menos comezarán o proceso de vacinación o 13 de decembro (Foro: Carlos castro / Europa Press).
A Comisión de Saúde Pública vén de acordar a ampliación da vacina contra a Covid a menores de 12 anos no Estado. A Galiza espera recibir nos primeiros días da semana que vén perto de 60.000 doses dirixidas a este colectivo.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, prevé que a vacinación contra a Covid de nenos e nenas de entre 5 e 11 anos se leve a cabo en grandes recintos.

Dixo, ademais, que a Galiza espera recibir unhas 60.000 doses na primeira entrega, se ben, subliñou a repartición se confirmará no marco da Comisión de Salud Pública, reunida esta terza feira para abordar a vacinación deste grupo de idade para o que a EMA aprobou o fármaco de Pfizer/BioNtech.

Sanidade amplia a vacinación a menores

O Ministerio de Sanidade vén de informar que a comisión técnica na que tamén participan representantes de todos os territorios acordou ampliar a vacinación contra a Covid a nenos e nenas de entre 5 e 11 años, mais aínda se descoñece como se vai proceder. De feito, avanzou Carolina Darias, serán as comunidades as que resolvan como organizar as picadas

Neste sentido, García Comesaña resaltou que o proceso de vacinación deste colectivo organizarase en función do número de doses que se reciban, se ben, adiantou que o Goberno galego planea levalo a cabo nos grandes recintos.

Segundo precisou o conselleiro, prevese que as vacinas cheguen a Madrid a vindeira segunda feira, 13 de decembro, e confiou en que estean na Galiza o día seguinte, co fin de administrar "o máis rápido posíbel" a este grupo as primeiras doses.

Cada territorio recibirá, confirmou Sanidade, recibirá as doses "de maneira proporcional á súa poboación infantil", no caso da Galiza, máis de 150.000 crianzas que poderán comezar a vacinarse a partir do día 15, dous días despois da primeira data estimada.

Os grupos de risco, primeiro

O conselleiro de Sanidade embou que a poboación menor de 12 anos é xunto ás persoas de 39 e 40 anos a que maior incidencia acumulada presentan da Covid e recordou que a vacina que se administrará ás crianzas de entre 5 e 11 anos consistirá nunha dose da que se usa para adultos, segundo a recomendación da farmacéutica e das autoridades sanitarias.

Apuntou, ademais a posibilidade de outorgarlles prioridade a aqueles grupos que presenten patoloxías, de acordo co avanzado polo presidente Núñez Feixoo, para continuar o preceso despois por orde de idade, comezando cos maiores.

García Comesaña descartou que o proceso de vacinación dos nenos poida interferir co dos adultos, respecto ao que destacou a afluencia rexistrada, que cifrou en "máis de 90%" das persoas citadas. Adicionalmente, sinalou que "se segue captando a persoas que non recibiran as primeiras doses" para vacinarse.