O dato, segundo salientou o representante do Goberno estatal, supón a segunda mellor cifra das últimas dúas décadas, por detrás de 2017, cando faleceron en accidente 70 persoas. Estas 90 vítimas mortais afástanse das 380 que se produciron no ano 2000.
O accidente "tipo" na Galiza é, segundo o describiu Losada, unha colisión ou unha saída de vía nunha estrada convencional protagonizada por un turismo de entre 10 e 24 anos de antigüidade conducido por un home maior de 65 anos que sofre unha distracción ou velocidade inadecuada.
A información íntegra pode consultala na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube.