Na Galiza hai 315 casos positivos en residencias de maiores: 235 usuarias e 80 traballadoras

(Europa Press)

Galiza contabiliza esta segunda feira un total de 315 casos positivos por coronavirus en residencias da terceira idade. En concreto, trátase de 235 persoas usuarias, dúas menos que na noite do domingo debido ao falecemento de dous internos na DomusVi San Lázaro de Santiago; e 80 traballadoras e traballadoreses, tres máis.

Así, segundo os últimos datos da Consellería de Política Social, desde as 21,00 horas do domingo non se rexistran novos positivos entre os usuarios e o maior foco segue sendo a residencia DomusVi Barreiro de Vigo, con 74 infectados.

Seguen a esta a residencia San Carlos de Celanova, con 45; a de San Lázaro, con 25 casos; 19 no Portazgo, na Coruña; 17 na residencia de Crecente; 15 na Nosa Señora da Esperanza de Ourense; e 13 na Nosa Señora de Fátima no Barco de Valdeorras.

Ademais, contan con usuarias contaxiados a DomusVi de Cangas (6), o Divino Mestre de Ourense (5) Concepción Arenal da Coruña (4), o Fogar Bellolar da Coruña (3), a de Castro Caldelas (2) e casos individuais na de Arteixo, en Fogar Nosa Señora do Carme de Fisterra, na residencia As Fragas de Pontedeume, na José Castro de Santiago, en DomusVi Monforte, na residencia Betania de Viveiro, na Nosa Señora da Asunción de Caldas, na Residencia Moledo Vigo e no Complexo Residencial Atención Acodes Dependentes (CRAPD), tamén da cidade olívica.

O balance de persoas falecidos, tras os dous novos mortos da DomusVi de San Lázaro, elévase a 17. Concretamente, xa son sete neste centro da capital galega, tres no Portazgo, dous en Fogar Bellolar, un en Castro Caldelas, un en Celanova, un en DomusVi Barreiro e outro na DomusVi de Carballo.

Nos Centros de Atención para Persoas con Discapacidade, os casos confirmados por Política Social mantéñense até o mediodía deste luns en 24 persoas usuarias. Máis concretamente, o principal foco é o CAPD de Redondela, con 20 positivos; aos que seguen casos individuais de Aspronaga en Oleiros; de Aixiña, en Ourense; de Santa Cruz San Rosendo, en Ourense; e a Residencia Dano Cerebral Cruz Vermella de Castro de Rei.

Ao mesmo tempo, a cifra de traballadores que padecen o virus mantense en sete: catro no centro de Redondela, un da Vivenda Tutelada Ágora de Monforte de Lemos, un na de Santiago e outro no CAPD de Sarria.

Imprimir