A Galiza sae do estado de emerxencia sanitaria con 416 casos activos e 28 novos contaxios

A Galiza rexistra unha mellora da maioría dos indicadores da Covid-19 na xornada na que abandona o estado de emerxencia sanitaria cun descenso dos casos activos a 416 -cinco menos-, así como nos pacientes hospitalizados a 26 -tres menos- e mantense con 28 novos contaxios. Pola súa banda, a taxa de positividade repunta a un 2,17%.

Cribado con tests de antíxenos no pavillón O Aguillón da Rúa de Valdeorras. (Foto: Xunta da Galiza).
photo_camera Cribado con tests de antíxenos no pavillón O Aguillón da Rúa de Valdeorras. (Foto: Xunta da Galiza).
Comentarios