A Galiza dixital declárase "#profundamentegalega"

A sentencia dunha xuíza de Marbella, que denegou a custodia dunha crianza á súa nai por vivir "na Galiza profunda", supostamente illada dos servizos e na imposibilidade de fornecer un crecemento feliz ao seu bebé, vén de xerar unha gran aldraxe a boa parte do pobo galego. Así, cancelos como #profundamentegalega triunfan nas últimas horas en Twitter como reivindicación da terra fonte aos estereotipos que se poidan ter fóra.
Mensaxe que está a distribuírse polas redes sociais. (Foto: Nós Diario)
photo_camera Mensaxe que está a distribuírse polas redes sociais. (Foto: Nós Diario)
Comentarios