BANDEIRAS SAHARAUíS ONDEAN NO PAíS

Galiza conmemora o 40º aniversario da República Saharauí

A Praza das Pratarías acolleu na mañá do sábado unha concentración promovida pola Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí para conmemorar os 40 anos da República Árabe Saharauí Democrática. Aliás, en concellos do país ondean este sábado as bandeiras do Sáhara.

Un cento de persoas concentrouse esta mañá na Praza das Praterías de Compostela para celebrar o 40 aniversario da creación da República Árabe Saharauí Democrática (RASD). Na mobilización, na que participaron membros destacados do BNG, de AGE e de Compromiso por Galicia, amais da CIG e de CCOO, berráronse lemas como “Sáhara liberdade, Polisario vencerá” e “Viva o Sáhara Libre” e leuse un manifesto no que se reivindicou a fin da ocupación.

Aliás, en máis de 60 concellos galegos ondea este sábado a bandeira do Sáhara en apoio ás reivindicacións do pobo saharauí. Galiza é o territorio do Estado en que máis bandeiras ondean.