A Galiza confirma os dous primeiros casos de Ómicron

Pasaxeiros nun aeroporto. (Foto: EDSON DE SOUZA / ZUMA PRESS / CONTACTOPHOTO).
Sanidade estuda 10 casos máis sospeitosos da mesma variante

A Galiza confirmou os dous primeiros casos da variante Ómicron do SARS-CoV-2, detectada e notificada polas autoridades surafricanas a finais do mes de novembro. Concretamnete, foi detectada por primeira vez en Suráfrica, na rexión de Gauteng, onde se diagnosticaron mediante PCR un total de 77 casos entre os días 11 e 23 de novembro.

Os casos localizados en territorio galego corresponden á área sanitaria de Vigo, onde hai 10 positivos máis por coronavirus en estudo, sospeitosos de se axustar á mesma variante.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, avanzou a detección dos primeiros casos de Ómicron na Galiza na rolda de prensa posterior á reunión semanal do Consello de la Xunta, durante a que explicou que foi o servizo de Microbiología do Hospital Álvaro Cunqueiro a encargada de secuenciar e confirmar a variante causante da Covid.

Sanidade espera confirmar nas próximas horas se os 10 casos en estudo sospeitosos de Ómicron se corresponden con esta variante

O mandatario galego sinalou que "falta  secuenciar 10 casos" para confirmar ou non esta variante Ómicron. Segundo destacou Feixoo, "hai algún contacto con outras áreas" da persoa que deu o primeiro positivo, procedente dunha viaxe a África.

O titular da Xunta espera que entre a tarde desta sexta feira e a mañá deste sábado Sanidade poida dispor xa dos resultados que confirmen se os dez casos en estudo corresponden ou non a Ómicron.

Corentenas

O Ministerio de Sanidade confirmou a prorroga da obrigatoriedade de facer corentena a todas as persoas viaxeiras que procedan do sur de África para tratar de frear a transmisión desta variante. A nova orde estará vixente desde as 00.00 horas do 13 de decembro até as 00.00 do 26 de decembro.

Ademais, os contactos de persoas infectadas coa variante Ómicron deberán gardar unha corentena de 10 días aínda que estean completamente vacinados. Así figura na estratexia de detección precoz, vixilancia e control da Covid publicada o primeiro de decembro, un acordo que modifica o procedemento que estabelecía que os contactosque recibiran a pauta completa eludían os días de illamento obrigatorio.

 

eludían el aislamiento de 10 díasa hoxe mesmo tras ser aprobada polo relatorio de Alertas e Plans de Preparación e Resposta e pola Comisión de Saúde Pública do Consello Interterritorial.