Ómicron: precaución, si; alarmismo, non

A Organización Mundial da Saúde vén de alertar do "risco alto de propagación" da variante Ómicron. Á espera de que a comunidade científica se pronuncie, admite "considerábeis incertezas" sobre o seu impacto na saúde das persoas e na evolución da pandemia. Porén, avisa da necesidade de afrontar as desigualdades no acceso ás vacinas fronte á Covid. Mentres non cheguen a todos os territorios e se eleve a cobertura dos países empobrecidos, a capacidade do virus para replicarse mudar seguirá aí.  
 
Ambiente nas rúas de Vigo o pasado sábado, 27 de novembro (Foto: Marta Vázquez Rodríguez / Europa Press).
photo_camera Ambiente nas rúas de Vigo o pasado sábado, 27 de novembro (Foto: Marta Vázquez Rodríguez / Europa Press).