Galiza, á cola do Estado en prazas de matronas

Asociación de Matronas: "Os contratos ofrecidos polo Sergas están a provocar a marcha cara Euskadi e Catalunya"

Galiza sitúase á cola do Estado en número de matronas. Mentres no conxunto estatal a porcentaxe de profesionais é de 18 por cada 100.000 mulleres, na Galiza cífrase en 12 por cada 100.000 mulleres. A fenda non deixa de medrar co resto de países da Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económicos (OCDE), cuxa cobertura media está por riba de 65 por cada 100.000 mulleres, sendo moi importante a diminución destas especialistas desde 2009, nunha dinámica que é común no conxunto do Servizo Galego de Saúde (Sergas). Sanitarias e nais urxen alternativas diante do deterioro da situación.
As cifras de 2019 non son conxunturais e responden a unha tendencia que se mantén ao longo da última década. (Foto: Europa Press)
photo_camera As cifras de 2019 non son conxunturais e responden a unha tendencia que se mantén ao longo da última década. (Foto: Europa Press)