'Galiza con Catalunya' convoca un mosaico humano de apoio ao proceso independentista

O obxectivo da plataforma é amosar a solidariedade de pobo galego con Catalunya perante o 27-S.

 

A sexta feira (25 de setembro) a Plataforma Galiza con Catalunya convoca un mosaico humano. Será ás 20 horas na Praza da Quintana (Compostela). Con esta acción o colectivo visa amosar, de maneira visual, a solidariedade do pobo galego co proceso independentista catalán perante as eleccións que terán lugar o 27 de setembro. 

A plataforma difundiu un spot para animar a participar nesta acción simbólica: