Os test realizados aumentaron na última semana de agosto

Galiza amplía o número de probas PCR pero segue á cola do conxunto do Estado

Desde que o 20 de agosto, o presidente en funcións Alberte Núñez Feixóo anunciara a realización de tests masivos, a cifra de PCR realizadas na Galiza aumentou 9% e sitúase en 124 por cada 1.000 habitantes. Así e todo, as cifras galegas seguen a estar por debaixo da media do Estado, onde a porcentaxe de probas realizadas aumentou o 10% no mesmo período.
EuropaPress_3281438_dispositivo_realizacion_pruebas_pcr_centro_salud_federica_montseny
photo_camera Momento de realización dunha proba PCR. / AFP7 - J. Corchero
Comentarios