Galiza: 3.486 casos activos de coronavirus e 5.573 persoas xa curadas

Probas de detección de coronavirus nos coches (Imaxe: Europa Press)

O número de vítimas mortais é de 551.

 

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, presentada esta quinta feira, o número de casos activos de coronavirus na Galiza ascende a 3.486. É a cifra que dá o novo baremo empregado pola Xunta para o cómputo da COVID-19.

Destes casos activos, 820 son da área da Coruña, 241 da de Lugo, 707 da de Ourense, 214 da de Pontevedra, 848 da área de Vigo, 498 da de Santiago, e 158 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 47 permanecen en UCI, unha cifra que continúa a baixar, 334 están en unidades de hospitalización e 3.105 no domicilio. Polo de agora, na Galiza hai un total de 5.573 persoas curadas, rexistrándose 551 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 96.095

O número de casos de coronavirus detectados en centros residenciais de servizos sociais da Galiza supoñen 3,1% do total das persoas residentes.

En relación ás residencias hai 1.077 persoas contaxiadas, das que 762 son usuarias e 315 traballadores e traballadoras. O número de falecementos por COVID-19 nas residencias é 249.