Unha gala cultural para apoiar a Flotilla da Liberdade

BDS-Galiza e Rumbo a Gaza organizan un acto en Bueu con motivo da visita. Será na Praza de Massó o 31 de maio.

 

O grupo de Boicote, Desinvestimentos e Sancións contra Israel (BDS) na Galiza, Paias@s en rebeldía, Cultura Activa e Rumbo a Gaza organizan esta fin de semana unha gala de apoio á Flotilla da Liberdade aproveitando que o buque Marianne atracará no porto de Bueu o 30 de maio. 

A partir das 13h e até o serán diversas actuacións saudarán a campaña marítima que visa rachar o bloque que atinxe a Faixa de Gaza, tamén o mediático. Neste senso, artistas de toda Galiza poñerán o seu grao de area para apoiar as persoas que formarán a tripulación do barco.

Neste senso, será Peter Punk quen dea comezo á xornada no mediodía a quen, por volta das 19h se sumará a Treboada Ameaça de Bombo cun pasarrúas. 

A partir das 20h do domingo 31, a Praza de Massó encherase de música e humor da man de Uxía + Narf, a Banda de Gaitas Manxadoira, o espectáculo 'Nabiza Girl' de Isabel Risco, Najla Shami, Pandeiromus, Lucia Novas e Circo Chosco.