Gaiolas para xabarís? A Xunta di que si

Exemplar de xabaril no monte. (Foto: Xunta da Galiza).
A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, defendeu o uso de gaiolas para o control de xabarís en zonas urbanas e periurbanas, ao ser preguntada pola situación na Coruña.

A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, defendeu o uso de gaiolas para o control de xabarís en zonas urbanas e periurbanas, ao ser preguntada pola situación na Coruña nun acto na cidade sobre as axudas a edificios para eficiencia enerxética.

En declaracións aos medios, manifestou, sobre a disposición de gaiolas por parte do consistorio coruñés ante a presenza de xabarís, que as terá "cando así o queira o Concello".

Respecto diso dixo que as solicitou Arteixo e tamén Sada e que está en conversacións con Cariño.

"Acordo"

No caso da cidade herculina, destacou a existencia dun "acordo", aínda que insistiu en que as administracións "teñen que actuar dentro das súas competencias", facendo alusión aos labores de "roza" para evitar tobos.

"A miña ética está en preservar e coidar as persoas, porque cando hai un accidente despois todo mundo pide responsabilidades", replicou tamén sobre as críticas por parte dalgúns sectores ao uso de gaiolas.