Foco con 60 positivos no barrio lucense de Paradai, 40 no CEIP e estúdase se relacionados coa cepa británica

(Europa Press)

Os primeiros casos detectáronse hai uns días no centro escolar.

Por volta de 60 persoas contaxiadas de coronavirus no barrio lucense de Paradai, unha cifra que podería seguir a aumentar nos vindeiros días. Un dos principais focos activos agora na Galiza tería a súa orixe centro de ensino de infantil e primaria e que estarían relacionados coa cepa británica. O número de alumnado positivo é de 40.

Nas primeiras PCR realizadas no centro de ensino detectáronse 10 contaxiados, polo que se optou por un cribado e aí detectáronse novos contaxios.

O pasado 11 deste mes desde Sanidade  indicaban que 50% dos virus secuenciados polo Servizo Galego de Saúde (Sergas) proceden da cepa británica.

Nós Diario, nunha información publicada o día 4 de febreiro, puña de manifesto que a variante procedente do Reino Unido estaba xa consolidada na Galiza e que a transmisión era a esas alturas comunitarias.