A Fiscalía tomba a tese da “trama” nos incendios defendida por Feijóo

Foto: Irene Pin

“Terrorismo incendiario”, “trama organizada”, “incendios para alterar a paz social”.  Estas foron algunhas das expresións que o presidente da Xunta, empregou nas semanas posteriores á vaga de incendios de outubro, que arrasou no noso país 50.000 hectáreas e deixou catro persoas falecidas. Non foi só el, outros cargos da Xunta e representantes do PP afirmaron e reafirmaron neste tempo que había unha ”trama” organizada de incendios no noso país, afirmacións que mantiñan sen achegar evidencia algunha.

 

Non existe tal trama, conclúe a investigación coordenada desde a Fiscalía de Galiza e que vén de ser presentada na comisión do Palamento de Galiza que estuda os incendios forestais. O fiscal superior de Galicia, Fernando Suanzes ratificou que "non se puido determinar" queos incendios "obedezan a unha iniciativa criminal complexa de grupos de persoas ou organizacións que actúen de forma coordinada ou planificada ou persigan obxectivos supraindividuales". Tamén "fican descartados", segundo indicou, os tres elementos que forman parte do imaxinario dos incendios forestais: madeira, urbanismo e economía do lume.

 

O 61% dos grandes incendios que se produciron na vaga de outubro pasado foron con "gran probabilidade" intencionados: Limpeza de matogueira, queimas incontroladas,  conflitos e caza, entre as diversas motivacións observadas. Tramas terroristas, iso si, por ninguna parte.