A Fiscalía navarra recorrerá a sentenza contra ‘La manada’ ao entender que si houbo violación

Imaxe de GZcontrainfo

Mantén a súa consideración inicial de que é un caso de agresión sexual. No xuízo, a Fisdcalía solicitou máis de 22 anos de prisión para cada un dos acusados.

A Fiscalía de Nafarroa amosa o seu desacordo ca sentenza de nove anos de prisión para cada un dos membros de ‘La Manada’ por abuso sexual e cre que "son constitutivas de delito de agresión sexual", de violación, e non só de abuso sexual,  polo que vai recorrer a decisión da Audiencia Provincial.

 

Nun comunicado indicou que, unha vez estudada a sentenza ditada pola sala segunda da Audiencia Provincial de Nafarroa na que se condena os cinco  acusados como autores dun delito de abuso sexual e condenados a nove anos, vai recorrer en apelación perante a Sala Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Navarra.

 

O recurso será presentado nos vindeiros días segundo anunciou a Fiscalía, que remarca que mantén a súa consideración inicial de que é un caso de agresión sexual. No xuízo, solicitou máis de 22 anos de prisión para cada un dos acusados ​​e o pagamento dunha compensación conxunta de 100.000 euros.