A Fiscalía abre dilixencias polo “deficiente funcionamento” da AP9 en Rande

A Fiscalía provincial de Pontevedra abre dilixencias procesais para investigar “o deficiente funcionamento sostido” que se rexistra “nos últimos meses” no tramo da AP9 ao seu paso pola ponte de Rande. A organización das obras de ampliación de capacidade xera atascos e retencións, que en determinados días foron quilométricas, que provocaron o malestar e enfado das persoas usuarias.

 

A Fiscalía Superior de Galiza informa que este procedemnto iníciase perante as información recibidas na entidade, na valedora do Pobo e tamén polas noticias en medios de comunicación dando contad estas situación.

 

Son dilixencias procesais de carácter civil de protección dos dereitos de consumidores e usuarios a efectos de “valorar o exercicio dunha acción colectiva de casación”. En base a isto poderíanse pedir indemnizacións ou devolución ás persoas afectadas das cantidades devengadas neste período.