O fiscal impugna os recursos de apelación e dá por fechada a instrución do 'Caso Alvia'

Antonio Roma

Antonio Roma cre necesaria a apertura de xuízo oral contra o único imputado, o maquinista.

Antonio Roma, o Fiscal do 'Caso Alvia', impugna todos os recursos de apelación que formularon, entre outras, as asociacións de vñitimas do sinistro ferroviario de Angrois. Roma dá por efchada a instrución polo accidente no que morreron 80 persoas e cre necesaria a apertura de xuízo oral contra o único imputado, o maquinista. No seue scrito de acusación, que presentou a finais de outubro pasado, considera autor de 80 delitos de homicidio por imprudencia grave profesional e 144 delitos de lesións, e para o que pide unha pena de 4 anos de prisión e a inhabilitación especial para a profesión de maquinista de ferrocaís por seis anos.

O fiscal presentou esta segunda feira un escrito no xulgado de instrución número 3 de Compostela. Nel conclúe que o traballo do xuíz instructor do caso, Andrés Lago, foi exhaustivo. O representante do Ministerio Público di tamén que moitos dos recursos de apelación pedían investigar feitos que xa estaban ben investigados. Refírese, entre outros á falta de sistema de seguridade na vía, o ERTMS, ou o peso do convoi, que segundo os peritos independentes, era maior do estipulado.