Finaliza a folga de 200 días nos PAC após acordo de Sergas con sindicatos e comité

Concentración PACs

“Hai que seguir implicados para garantir o cumprimento do acordo”, pide o comité de folga.

Máis de 200 días de folga, sete meses, nos Puntos de Atención Continuada (PACs) remataron esta quinta feira co acordo entre Sergas e sindicatos (CIG, CESM, O’Mega, CCOO, UGT e CSIF ) e comité de greve. Un acordo que contempla avances a respecto das demandas dos traballadores e traballadoras mais que tamén hai cuestións que fican pendentes.

O acordo contempla unha nova distribución do aumento retributivo para noites e festivos, que se pagará 80% do total do aumento en 220 e 20% restante en 2021. A última proposta presentada pola administración sanitaria incrementa a contía da atención continuada en noites e festivos, que inicialmente era do 40 % en 2020 e o 60 % restante en 2021

Dotar os traballadores e traballadoras dos equipos e uniformes necesarios; e dúas dietas de manutención para o persoal que traballa domingo, festivos e servizo de 24 horas.

O Sergas, aliás, comprometeuse a estudar o aumento na carga de traballo para valorar a creación de novas prazas, para alén de reforzar os dispositivos de urxencias.

O documento asinado onte tamén recolle unha maior participación do profesional na fixación de obxectivos do servizo e elimínase o indicador actual de derivación hospitalaria como obxectivo do servizo vinculado á produtividade por outros que serán consensuados cos profesionais do PACs.

As partes acordaron tamén unha comisión de seguimento.