Ferido de gravidade un menor de 14 anos tras ser apuñalado nas festas da Ascensión en Compostela

Imaxe da Alameda de Compostela. (Imaxe: Arxina).
O mozo recibiu a navallada na parte posterior da coxa e perdeu moito sangue.

Na tarde desta quinta feira un menor de idade, de 14 anos de idade, foi apuñalado na Alameda de Santiago de Compostela durante a celebración das festas da Ascención.

Segundo puido saber Nós Diario, o menos encóntrase ingresado de gravidade no hospital debido á rápida perda de sangue.

A puñalada produciuse na parte posterior da coxa do menor de 14 anos.

A Policía Nacional de Santiago investiga o acontecido.