Feridas varias persoas tras unha colisión entre tres vehículos na N-640, en Lugo

Emerxencia 112 Galiza (Foto: 112).
Segundo informou o 112 Galiza, foi un particular o que alertou sobre o choque dos vehículos que circulaban pola parroquia de Rutis.

Unha colisión múltiple deixou varias persoas feridas en Lugo tras un accidente entre tres vehículos na N-640, aproximadamente no quilómetro 86.

Segundo informou o 112 Galiza, foi un particular o que ao fío das 12.45 horas alertaba sobre o choque dos vehículos que circulaban pola parroquia de Rutis.

Asistencia sanitaria

A persoa relataba que a pesar de que os implicados no accidente estaban liberados e accesíbeis, algún deles necesitaban asistencia sanitaria.

A central de emerxencias mobilizou a Urxencias Sanitarias da Galiza-061, aos Bombeiros de Lugo e aos axentes da Garda Civil e da Policía Local.

Algúns implicados no accidente tiveron que ser trasladados ao centro hospitalario de referencia.