Esta terza en cidades e vilas

O feminismo convoca concentracións contra o asasinato machista

[Imaxe: GzFoto] Concentración contra a violencia machista

O movemento feminista convoca en cidades e vilas da Galiza concentracións en repulsa do asasinato machista que tivo lugar a pasada fin de semana en Vilalba.

María é a última vítima do feminicidio. Foi asasinada presuntamente polo seu ex marido, que se suicidou, no barrio da Guadalupe, en Vilalba. Sobre o home, de 50 anos, pesaba unha orde de afastamento por unha denuncia da vítima por malos tratos. Atopábanse en trámites de divorcio.

Trátase da segunda vítima galega do feminicidio no que vai de ano, após o caso da muller de Valga asasinada pola súa ex parella, que tamén se suicidou.

Os xulgados galegos recibiron no primeiro trimestre deste ano 1.736 denuncias por violencia de xénero, o que supón 38,4% máis que no mesmo período do ano pasado, cando se presentaron 1.254.

Unha vez se tivo coñecemento do asasinato, o movemento feminista galego activou o protocolo nacional que chama a convocar concentracións esta terza feira, día 23. Están confirmadas as seguintes mobilizacións:

O Porriño, 20.30 horas na Praza do Concello

Ourense, 20 horas na Castañeira

Lugo, 20 horas diante do Concello

A Coruña, 20 horas no Obelisco

Vigo, 20 horas no Marco

Compostela, 20 horas na Praza 8 Marzo

A Estrada, 20 horas diante do Concello

Ferrol, 20 horas na Praza de Amada García (diante do Edificio da Xunta de Galiza)

As Pontes, 20.30 horas na Praza do Hospital

Betanzos, 20 horas na Praza do Concello

Moaña, 20 horas na Praza do Concello

Val Miñor, 20 horas no Cruce da Ramallosa

Burela, 20.30 horas, na Praza da Mariña 

Melide, 20 horas na Praza do Convento  

Celanova, 20 horas na Praza Maior

Monforte, 20.30 horas diante do Concello

O Barco de Valdeorras, ás 20:00 diante da Praza do Concello

Carballo, ás 20:00 na Praza do Concello

Redondela, 21h na Praza do Concello

Vilalba, 20h Praza da Constitución

Pontevedra, 20 horas Audiencia Provincial

Lalín, 21 horas na Praza da Igrexa