Feixoo recúa e di agora que na franxa de 66 a 69 anos tamén se dispensará AstraZeneca

Feixoo matizou hoxe, sexta feira, as súas palabras de hai 3 días e di agora que as persoas de 66 a 69 serán vacinadas tamén coa AstraZeneca. Un cambio respecto ao que afirmara na terza feira, cando dixo que as persoas desa franxa de idade ían recibir Pfizer.

Foi a preguntas de Nós Diario, que publicou que na franxa de 66 a 69 anos estábase a vacinar con AstraZeneca ou Moderna e non coa Pfizer que prometera o presidente, que o propio Feixoo recoñeceu o erro e pediu desculpas ás persoas afectadas.

Fontes próximas ao presidente indicaron que o que pasou debeuse a un maletendido .

Esta terza feira, 4 de maio, o presidente galego, Núñez Feixoo, ratificaba que os galegos de entre 66 e 69 anos que sexan citados para vacinarse contra a Covid-19 recibirán Pfizer. En concreto, o  Servizo  Galego de  Saúde aspira vacinar o 70% da poboación desta franxa de idade entre hoxe e o sábado cunhas 90.000 citas previstas.

Despois de recibir a súa primeira dose de  AstraZeneca, Feixoo explicou que o cambio na decisión de que o colectivo de 66 a 69 reciba  Pfizer débese a que así o considerou a comisión de vacinación do Consello Interterritorial da Saúde. "Considerou que non podiamos esperar a  AstraZeneca, que xa tiñamos Pfizer e que, por tanto, o mellor era nesa franxa de idade meter  Pfizer e non baixar de 59 cara abaixo, que era o que estaba previsto", explicou.

Mais persoas de entre 66 e 69 anos de idade que están a acudir a se vacinar non están a recibir a Pfizer, tal e como prometerá o presidente, senón que se lles está a inxectar a primeira doce de AstraZeneca. Así o confirmaron a Nós Diario varias persoas na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, que salientaron a indignación e malestar que se xerou en moitas persoas ao comprobar que o vial non era a prometida Pfeizer.

A isto engádese persoas da mesma franxa de idade que afirman que na área sanitaria de Vigo estase a poñer Moderna, tampouco a Pfizer. 

Apuntan que o persoal sanitario, ao ser preguntado por este cambio, limitouse a sinalar que sobraban moitas vacinas de AstraZeneca e que tiñan orde de subministralas.