O mesmo día en que o sindicato médico CESM elevaba a 200 os vacinados en Pontevedra de maneira irregular e en que a CIG-Saúde da Mariña denunciaba que membros da dirección do Hospital desta comarca saltaron os protocolos para vacinarse, Núñez Feixoo intentaba tirar ferro a eses casos falando de “prequeno erro”.
O presidente da Xunta, na súa comparecencia para dar conta das novas restricións, manifestou a preguntas dos xornalistas que hai miles de persoas no proceso de vacinación na Galiza. E que este funciona de maneria xeral correctamente, malia ese “pequeno erro”.
Un pequeno erro que, de ter en conta as denuncias de colectivos sanitarios e de sindicatos como CIG ou CCOO (que a semana pasada denunciaba que nalgunhas áreas sanitarias non se cumpría o protocolo de vacinación), suma xa máis de 200 casos na Galiza.
Iso si, o mandatario demnadou ás xerencias das áreas sanitarias que teñan máis coidado e non cometan erros deste tipo.