Familiares do 'Pitanxo' cuestionan que a armadora se presente como parte afectada: "Os prexudicados somos nós"

Lembran que só eles insisten en baixar ao barco na procura de novas probas, algo que non solicitaron nin a compañía, Nores, nin o patrón do barco, Juan Padín, o único dos sobreviventes que acode como investigado ao xuízo acusado de 21 posíbeis delitos de homicidio imprudente. O BNG, aliás, impulsa en Vigo unha moción para apoiar as familias.
Reunión das familias dos mariñeiros falecidos co alcalde de Vigo, Abel Caballero, esta segunda feira. (Foto: Pedro Davila / Europa Press)
photo_camera Reunión das familias dos mariñeiros falecidos co alcalde de Vigo, Abel Caballero, esta segunda feira. (Foto: Pedro Davila / Europa Press)
Comentarios