Obituario

Falece Xan María Castro, ex secretario xeral de CCOO na Galiza

Xan María Castro, ex secretario xeral de CCOO na Galiza (Foto: CCOO).
A Comisión Executiva da organización manifestou o seu "profundo pesar" ante a "irreparábel perda dun mestre" para moitas xeracións de sindicalistas e "protagonista da memoria obreira do pobo galego".

O Sindicato Comisións Obreiras (CCOO) lamentou o falecemento, aos 78 anos, de Xan María Castro Paz ex secretario xeral do sindicato e presidente da Fundación 10 de Marzo.

A Comisión Executiva da organización manifestou o seu "profundo pesar" ante a "irreparábel perda dun mestre" para moitas xeracións de sindicalistas e "protagonista da memoria obreira do pobo galego".

Segundo informou o sindicato, Xan María Castro era natural do barrio coruñés de Monelos e desde moi novo comezou a militar nas Xuventudes Comunistas que posteriormente pasou a ser CCOO.

Traxectoria

En 1978 foi elixido secretario xeral de CCOO da Coruña e tres anos despois foi escollido secretario de organización do sindicato CCOO da Galiza, do que foi secretario xeral entre 2000 e 2009. En maio de 2013 asumiu a presidencia da Fundación 10 de Marzo de CCOO.