Terceira vítima do coronavirus na Galiza. Nun primerio momento recollemos o avance da Radio Galega que sinalaba que esta vítima era a persoa que representou o primeiro caso de coronavirus rexistrado na Galiza faleceu no Chuac, onde permanecía internado desde principios de marzo. Mais ese dado é erróneo.
A persoa falecida, de 45 anos de idade, non é pois a persoa que foi o primeiro caso rexistrado na Galiza.
Son xa tres as mortyes rexistradas na Galiza por este virus. A segunda foi a dun home de 81 anos con diversas patoloxías, ingresado no Hospital Montecelo de Pontevedra, mentres que a primeira vítima mortal no noso país foi unha muller de 92 anos con múltiples patoloxías previas ingresada en Povisa.